Sobre nós

A autora

Mar Barral, natural de Carril, é ceramista de profesión e educadora por vocación. Estudou maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela e desde 1995 dedícase á cerámica artesá e artística, con diferentes técnicas e estilos. Participa en exposicións colectivas e organiza cursos para nenos e nenas.

O obradoiro de cerámica creativa de Mar Barral, situado en Catoira está inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia co número 520.