Cambios e devolucións

Se algún producto chegou defectuoso ou non estás satisfeito con el, disporás de 15 días hábiles dende o momento de recepción do pedido para poder cambiar ou devolver o mesmo. 

No caso de que este sexa defectuoso nós encargarémonos dos gastos de envío.

Se o artigo non se atopa defectuoso pero igualmente non é do teu agrado poderás cambialo ou devolvelo sempre e cando non fora utilizado e se atope en perfecto estado. Neste caso reintegraranse todos os cartos do pedido unha vez recibidos os productos ao taller e comprobado o seu perfecto estado, correndo os gastos de envío a cargo do cliente.

Para isto só tes que enviarnos un correo electrónico a "info@marbarral.com" ou poñerte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.