" As miñas pezas son obxectos únicos, diferentes e realizados con todo o amor e coidado que unha peza completamente feita a man merece. No proceso de creación emprego técnicas e materiais variados, o que permite unha maior liberdade e creatividade. Os meus deseños están baseados na cultura tradicional galega.

En cada pequena obra poño toda a miña enerxía e empeño, e interveño en todo o proceso creativo. O trato directo co cliente permíteme facer traballos personalizados e exclusivos segundo as súas necesidades. "

        

                                                                                                                                         Mar Barral