Proxectos pendentes. Carril: Xigantes e Cabezudos
Non sei se cada un de nós está predestinado a nacer e vivir nun lugar determinado; sexa ou non sexa así, eu dou grazas por ter a sorte de nacer en Galiza, máis concretamente na vila de Carril.
Xa van alá dez anos dende que escribín estas palabras. Sempre procuro levar ao campo da cerámica aquilo que máis amo. Así, do meu Carril, xa fixen o Malecón, a Fonte Vella, os barcos e as mulleres do mar.
Mais hai algo que teño pendente dende hai anos, algo que me leva aos tempos de nena e ás lembranzas da miña Tía Maruja, cando nos collía a todos os cativos e nos montaba no seu remolque e percorríamos todo Carril detrás desas personaxes tan entrañables: o Papamoscas, o Rei, a Raíña, a Negrita e como non, o Enanito das Uvas.
Estou proxectando estas pezas, que chegarán a bo porto:
Decir que son de ese pueblo tan hermoso como es mi querido Carril, y que los jigante y cabezudos me traen unos recuerdos muy entrañables. Biquiños