Na feitura dunha prenda de vestir é importante o patrón, o tecido e a confección. Pero, se queres darlle un toque de distinción a esa peza, propoño engadirlle uns botóns de cerámica feitos a man. Son pezas únicas, que farán que a túa prenda teña máis encanto.
Como a meirande parte dos mortais, eu tamén me poño metas ao comezar un novo ano. Entre esas metas está que me vexades un pouquiño máis por aquí, así que, aló imos. Dos meus paseos polo lugar no que me atopo, sempre veño cargada de novos materiais para traballar no obradoiro. Pero, o máis importante, …